aquí remata a miña tempada de carreiras populares, co recordo de ter participado un ano máis na autodenominada "Clásica", 10k homologado.
A Clásica
Oito graos centígrados e chuvia constante non son as mellores condicións para correr descalzo 👣, costa moito que collan esa temperatura agradable que lles da flexibilidade, suavidade na pisada, reactividade, cadencia alta, etc., todo eso que fai que correr descalzo sexa agradable. Entón, preguntaraste, porque corrín descalzo. Por atoparlle un sentido a participar, a ter un motivo para ir. Correr descalzo é agradable e quizáis buscando esa sensación.
aquí, ao rematar
Recuperei moi ben do domingo pasado, realmente non corrín en toda a semana porque non me apetecía, porque mentalmente xa rematara o traballo e estaba abandonado. Con esta falta de mentalidade, de motivación, presenteime na finde. Non estou nin lesionado nin fatigado, pero sinto que debo baixar o ritmo sobre todo mentalmente, deixar de ter a próxima carreira en mente, non mirar o calendario e simplemente manterme activo do xeito en que me apeteza (por saúde).
A carreira
Do evento en si non teño moito que contar. Chovía e facía frío, así que estiven a cuberto o máximo posible intentando entrar en calor, así tampouco puiden saudar nin falar con case ninguén. Unhas carreiriñas, correndo a saída, dous minutos parado debaixo da auga e a correr.
Saín atrás de todo; primeira volta indo con moito xeito, pois ao non sentir os pés non sabes cómo estás pisando e pódeste danar; subida suave adiantando xente e vendo que tampouco me sentía mal púxen o obxetivo de facer a carreira en 50 minutos exactos, un xeito como outro calquera de axudarme a manter a concentración e motivación. En condicións normais é un ritmo que descalzo podo facer sen maior problema.
Baixada desde a rotonda de arriba mirando o chan, para ver onde piso, porque é a zona co asfalto máis roto e incluso con algo de grava. E segue chovendo, pero non noto frío a excepción dos pés.
No tramo que segue, moi chan, concéntrome en respirar ben e coller un ritmo cruceiro. En este punto (km3) miro por primeira vez o reloxo, fun a 5:12 de media. Perfecto.
A xente de menos nivel comeza a notar a fatiga, aínda non cheguei aos do meu nivel, polo que adianto moitos postos nesta fase e cando paso pola meta vexo ao fondo a bicicleta co letreiro de 50 minutos, a lebre a alcanzar. Na meta vin tamén, na pantalla xigante, o doo que levaban os dous primeiros xa para rematar a carreira.
Ía cómodo, e a segunda volta fíxena mantendo o ritmo un pouquiño máis alto e alcanzando a lebre no quilómetro sete ou oito, despois da baixada, xa non lembro. Podía ir claramente máis rápido pero os pés seguían fríos. A última subida fíxena con intención pero sempre gardando un puntiño. Xa o último quilómetro, que foi o máis rápido, deixeime ir con boas sensacións e intentando desfrutar o momento, consciente de lembrar este momento de desfrute. Cando este recordo volte, axudarame a prepararme e motivarme para voltar as carreiras.
Crucei a liña final cando no cronómetro de meta marcaba 49'58", clavao!! (uns 30" menos netos).
Molestábame o dedo gordo do pé esquerdo, pero con ese frío xa estaba medio anestesiado (esto é malo). Máis tarde vin que tiña unha ampolla un pouco grande, con algo de sangre dentro. Non é normal que me pasase esto e débese a non ter sentido os pés, a non saber cómo estas a pisar e manter unha técnica correcta. Afortunadamente foi a única ampolla ou rozadura que tiven, pero sérveme para lembrar a necesidade de ter os pés quentes.
En Negreira nótase que hai presuposto, que contratan o pack full-equip da empresa cronometradora :D, con speaker famoso incluído comentando as imaxes ao vivo desde un par de motos en pantalla xigante, e tamén como novidade creo que trouxeron o arco de meta que usan nas voltas ciclistas, con paneis dixitais en lugar de lonas.
Artigo en La Voz de Galicia e galería de fotos.
Remate
Toca descansar, sentíndome ben e sen molestias relevantes ou lesións que coidar no inverno. Así, libre de algún compromiso, non creo que participe en ningunha carreira máis ate o ano novo.
Comments
March 2, 2024 13:01
I wanted to thank you for this excellent read!! I definitely loved every little bit of it. I have you bookmarked your site to check out the new stuff you post. USA Cross-country vehicle shipping
March 3, 2024 12:30
It’s a superior strategies notably to help you the a newcomer to blogosphere, summary and even legitimate information… Bless you designed for writing this town. Required browse guide. Service Company
August 6, 2024 13:51
I am very much pleased with the contents you have mentioned. I wanted to thank you for this great article. Discover new events and activities