XLI Carreira Pedestre Popular de Santiago de Compostela
Hoxe corrín ben. Hai que dicilo, si corrín ben, corrín ben e non ten volta 😂
Mindset
As últimas edicións de esta carreira popular corrinas descalzo. Despois de tantos anos participando, asumindo que é improbable que a estas alturas da vida mellore os meus mellores tempos, decicín que correría esta carreira descalzo 👣 para, por unha parte, dar visibilidade en un evento multitudinario ao feito de que non se precisa nada nos pés para poder correr; e por outra para desfrutar da festa, ter a motivación e alegría que supón correr descalzo, de forma relaxada e sentíndo o chan.
E este ano vai e non corrín descalzo. Por qué?
Nos días previos estaba anunciada unha importante baixada de temperaturas, choiva en forma de trebóns e algo de vento. Condicións ideais para non sentir o chan e aumentar as posibilidades de facerte dano xa que non percibes cómo estás a pisar ao perder a sensibilidade na planta do pé.
Ao erguerme mirei o termómetro e marcarba 5ºC e a chuvia caía cada poucos minutos. Sentíndoo moito, pois apetecíame, tiña que ser consciente das miñas limitacións e protexer os pés. Non corrín con sandalias porque aínda que protexen do chan, non protexen do frío e a auga. Vamos, que para non ir descalzo non ía quedar a medias. Así que corrín coas zapatillas minimalistas NB-laranxas, que as pobres deben ter uns 2000km pero están perfectamente para correr.
Esparadrapo para as dedas terceira e cuarta (as que rozo si uso zapatillas) e a Santiago voy!
Race Day
Esta é das carreiras que máis preto me quedan da casa, e quizáis por iso sempre chego xustiño de tempo. O dorsal xa o collera o día anterior polo que é chegar, aparcar no campus e ir trotando ate Avda. Xoán XXIII. Xusto no coche caeu o último trebón de toda a mañán. Non pintaba ben, pero tivemos a sorte de que non chovese nada durante a carreira. Facía algo de fresco, pero as condicións para correr foron perfectas (obviamos aquí o chan mollado).
Cheguei tarde a fotokedada Correr en Galicia 😔 e xa fun directo a meterme na morea de xente xa lista para correr. Saudei un par de persoas, incluso a un corredor descalzo (disculpándome por non imitalo hoxe), uns saltiños motivacionáis e ... saída!
Correndo
Digo arriba que corrín ben porque durante boa parte da carreira, diría que ate o final da subida de Vite (km 10?) fun a bo ritmo pero podendo concentrarme en respirar coa barriga, alongar a zancada por atrás, utilizando os glúteos, torso erguido, etc. Todas esas cousas que intentas interiorizar e que non sempre fas ben. Non mirei o reloxio nin o ritmo ao que ía en toda a carreira, esto é algo que aprendín correndo polo monte (onde é inútil) e que aquí me permiteu correr por sensacións, fun correndo forte pero ao xeito do corpo e esto fai que internamente aprendas a repartir as forzas.
Correr ben para min é
- chegar a meta san, sen lesionarme
- chegar a meta con sorriso na cara
- chegar a meta coa sensación de telo feito o mellor posible en este día concreto.
Ao día seguinte a vida segue, e de nada vale afuciñar nun mal paso, torcer un nocello ou simplemente saír coma un tolo e reventar no quilómetro sete penando e arrastrándose para entrar en meta. Non, eu desfruto moito máis correndo ao xeito.
Sáese costa arriba, así que fun tranquiliño deixándome ir ate que pasamos enfrote da Xunta onde cambiei o ritmo, concentreime na técnica e puxen velocidade cruceiro ate Santa Isabel. Subindo Vite paseille a un lote de xente, e aínda que aí xa ía case a tope polo momento aínda conservaba cabeza para poder ir coordinado e correndo con técnica. Chegas ao alto, esforzándote pero sabendo que quedan dous quilómetros moi favorables onde xa o podes dar todo.
Pero, eu igual xa o dera todo. Deime cincuenta metros ao chegar arriba para meterlle unha marcha máis en ese quilómetro costa abaixo, en ese momento deime conta de que non tiña unha marcha máis. Non era dor de pernas, era que non me daba máis o alento. Non estaba fundido e sen forzas, se non que non daba máis de min. Así que voltei a concentrarme e sen deixar de ir rápido (é costa abaixo!) conseguín recuperar un pouco de alento e cando chegamos a plaza de Cervantes sentín que novamente podía voltar a acelerar. Así foi, ese último quilómetro ate a meta (o máis bonito na zona medieval da cidade, con moito público) sí que puiden deixar todo o que tiña.
Entrada en meta con velocidade e boa cara, como debe ser!, e enseguida notei que non estaba asfixiado, recobrei moi ben o alento e a compostura. Non me doía nada, cero molestias incluso. O tempo que fixen estaba dentro da lóxica dada a época do ano e adestramento que levo, pero o que me alegraba foi o consciente que fun durante toda a carreira de cómo estaba a correr. Ía pensando e moitas cousas, incluso en escribir esto. Cando vas realmente asfixiado non che da a cabeza para pensar, nin para lembrar cómo debes respirar ou coidar a zancada, nin saudar a xente en carreira, nin en fixarte no seu calzado, en cómo corren, a súa postura, en envexar o cú de algúns corredores/as (esos glúteos que te impulsan!), abraiarte de que xente claramente entrada en quilos corra máis que ti, etc.
imaxe da saída, lindeiros.gal
Paseino ben. Punto.
Incluso a Catedral de Santiago xa lle quitaron os andaimos da fachada.
Participas en Carreiras Populares? Qué é o que máis che gusta de correr?
Podes comentar este artigo utilizando a túa conta no fediverso, non precisas abrir unha conta en este servidor, aquí federamos!.
Comments
March 23, 2024 19:51
Very informative post! There is a lot of information here that can help any business get started with a successful social networking campaign. forex robot
March 30, 2024 11:07
You have done a great job on this article. It’s very readable and highly intelligent. You have even managed to make it understandable and easy to read. You have some real writing talent. Thank you. forex robot